Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios poñen en marcha a Tarxeta do Comercio de Redondela

RR_Noticias

Trátase dunha tarxeta de fidelización coa que os establecementos poderán ofrecer diferentes promocións e descontos ós seus clientes, tanto de xeito individual como conxunto. A Asociación de Empresarios ten previsto tamén promover o transporte público e ofrecer vales para o aparcadoiro.

Co obxectivo de dinamizar o comercio local, a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha novos proxectos. É o caso da Tarxeta Comercio de Redondela, unha tarxeta de fidelización coa que os establecementos do municipio poderán poñer en marcha promocións, descontos e agasallos para os seus clientes. Estas campañas poderá facelas cada comercio de xeito individual, aínda que a tarxeta servirá tamén para promocións colectivas de todos os establecementos asociados. Outra liña de actuación deste colectivo vai dirixida a mellorar a mobilidade no Concello. Conscientes dos problemas de tráfico que existen no municipio, desde a asociación porán en marcha unha campaña de promoción do transporte público. Na mesma liña teñen previsto facer unha campaña na que agasallarán ós clientes do comercio local con vales para o aparcadoiro.

Julia Alonso Asociación de Empresarios
A tarxeta servirá para as campañas de promoción do omercio
Transporte público
Os empresarios fomentarán o transporte público e vales para o aparcadoiro de balde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará