Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela copa o mercado do mexillón na Ría de Vigo

RR_Noticias

O molusco producido nas bateas do noso concello é o único que se pode comercializar xunto a sete polígonos da Ría de Arousa en toda a Comunidade por mor da marea vermella.

O repunte da biotoxina, coñecida como marea vermella, provocou o peche do 80% dos polígonos de mexillón de Galicia. Polo momento na nosa Comunidade só están abertas as bateas de oito polígonos deste molusco e dous de ostras.A marea vermella comezou en xullo pero foi remitindo durante o pasado mes, o que permitiu que o mexillón se recuperase, pero nos últimos días a toxicidade volveu incrementarse cando nos atopamos en plena campaña de extracción e o molusco presenta o seu mellor estado. Entre o martes e mércores desta semana foi preciso pechar unha ducia de polígonos o que suscitou a preocupación entre os productores, depuradores, cocedoiros e conserveiros, aínda que esperan que non se prolongue moitos días e así retomar a actividade en semanas e non perder esta campaña. En Galicia hai ao redor de 3.300 viveiros flotantes, e estímase que 2.500 poderían estar afectados pola biotoxina. Así permanecen pechados 41 polígonos mexilloeiros e 2 de ostra, polo que só se pode extraer mexillón en oito polígonos, sete deles da Ría de Arousa e un na Ría de Vigo, en Redondela.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará