Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diferencias de opinión sobre o desembolso necesario para afrontar o inicio de curso

RR_Noticias

210 euros en libros de texto e material escolar, entre 70 e 145 euros no comedor, dependendo de si o neno acude a un centro público, concertado e privado van sumando ata facer unha media de 488 euros por neno segundo a Federación de comercio de Pontevedra

Mentres dende a Federación de Comercio de Pontevedra estiman que o retorno ás clases suporá unha media de 488 euros por neno, parece que os pais non se poñen de acordo á hora de valorar o desembolso que terán que afrontar estes días co inicio do curso escolar. Os máis optimistas falan de 120 euros por neno mentres que outros incrementan o custe ata os 400 “sen contar a compra de roupa”. Todo depende en gran medida dos aspectos que teñamos presentes á hora de facer as contas. O maior investimento está destinado á compra de libros e material escolar, que de media ascende a 210 euros. Si engadimos o custe dos comedores escolares habería que sumar 70 euros mensuais no caso de que o neno vaia a un centro público, 115 euros nos centros concertados e 145 nos colexios privados. No caso destes últimos habería que engadir ademais o importe da matrícula, que rolda os 260 euros así como as mensualidades de 360 e os uniformes, en torno aos 280 euros. Nos centros públicos, aínda que non se leva uniforme, si hai unha estimación que sitúa en 140 euros os cartos que os pais se gastan no inicio do curso para adquirir diferentes prendas para os cativos.

Valoracións de pais e nais
Non hai acordo sobre o custe que supón cada neno no inicio do curso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará