Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno ordinario de agosto, en setembro

RR_Noticias

O concello celebra este venres día 3 ás 9:00 horas o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. Unha sesión de trámite na que se abordará a cesión ao club de remo de Chapela dun espazo no futuro centro de deportes acuáticos da parroquia

Pleno de trámite o que se vai desenvolver este venres ás nove da mañá en Redondela. Unha sesión correspondente ao mes de agosto que foi posposta ata o día 3 de setembro á espera de que se reincorporaran algúns concelleiros que se atopaban de vacacións.
Con todo a sesión non inclúe ningún punto de relevancia. Abordaranse entre outros asuntos o cambio de voceiro do PP logo de que Franscisca Canal renunciase ao mesmo na última sesión será agora substituida polo edil Alberto Pazos. Acordarase ademais a concesión ao club de remo de Chapela dun local no Centro de deportes acuáticos da parroquia que actualmente están en construcción. A cesión deste espazo permitirá o derrube da nave que ocupa actualmente o club en Arealonga.
Por outra banda o pleno abordará a solicitude da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de lixo, de actualizar os prezos que se lle abona periodicamente pro parte do concello en base ao contrato asinado no 2007. A empresa reclama unha suba do 0’7% correspondente ao IPC do exercicio do 2009. Unha actualización do IPC incluída no pleno de condicións e que non terá repercusión no recibo que abonan os veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará