Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos asume a portavocía no PP nun camiño cara o cambio iniciado coa elección de Bas

RR_Noticias

Alberto Pazos será o encargado de realizar as labores de portavoz do seu grupo nunha sesión de trámite na que presentarán varias mocións solicitando a mellora dos parques infantís do municipio e o acondicionamento do Camiño da Correola en Chapela

O edil popular Alberto Pazos asumirá no pleno que se celebra este venres ás 9:00 da mañá a portavocía do seu grupo, logo de que na última sesión plenaria Franscisca Canal presentase a súa renuncia a este cargo, algo que segundo o edil demostra a xenerosidade da que fora a candidata popular nas últimas eleccións municipais. Está novidade ven a ser un cambio máis nun camiño iniciado hai semanas cando os populares anunciaban a decisión de presentar como candidato ao actual director de Caixa Galicia en Redondela, Javier Bas. Unha aposta arriscada tendo en conta que se trata dunha persoa sen experiencia política. Polo de agora descoñécese quen acompañará a Bas na súa loita pola alcaldía, xa que segundo aseguran dende o partido “é un punto que aínda non se abordou”

Alberto Pazos PP
O político é o novo voceiro do PP
Candidato a alcaldía
No PP non ven un handicap a falta de experiencia de Bas
Mocións
Alberto Pazos deberá defender o vneres as mocións populares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará