Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos cualifica de estratexia política as críticas sobre os parques infantís

RR_Noticias

O edil responsable dos parques do municipio asegura que estes espazos se atopan en boas condicións contestando así ás críticas emitidas dende o PP quen cualificaran de lamentable o estado de conservación limpeza e salubridades dos parques infantís do municipio

O concelleiro Carlos Pazos asegura que os parques infantís do municipio atópanse en perfecto estado para desenvolver a función para a que foron creados, isto é, servir de espacio de xogo e esparexemento para os cativos. Asegura que a pesar de que calquera servizo “sempre é mellorable” a día de hoxe os parques están nunha situación óptima e que as críticas emitidas dende o PP, quen cualificaran de lamentable o estado de conservación, limpeza e salubridade dos parques responde a unha mera estratexia política. Pazos engade que non se teñen recibido queixas no concello a este respecto e que cando dende a administración municipal se detectan problemas, como elementos deteriorados ou falta de limpeza se resolven no prazo de tempo máis breve posible. Opinións veciñais Nos parques os veciños e usuarios mostráronse maioritariamente satisfeitos coa calidade dos mesmos así como co estado en que se atopan os bambáns. As críticas inciden sobre todo en que non hai suficientes brinquedos para todos os cativos e que faltan elementos para nenos de determinadas idades.

Carlos Pazos responsable dos parques infantís
O edil entende que as críticas responden a unha estratexia política
Non hai queixas
No concello non teñen recibido queixas por parte dos usuarios
Satisfacción veciñal
Os veciños valoran positivamente o estado dos parques
Críticas
Hai quen demanda o arranxo dos bambáns e un número maior de brinquedos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará