Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Pazos por amputarlle un dedo a un mozo dunha trabada en Reboreda

RR_Noticias

A vítima tivo que ser intervida cirurxicamente logo de que o agresor lle arrancase dunha trabada un cacho dun dedo. Os feitos producíranse o 15 de agosto nas festas de Reboreda. Os detidos, dous mozos de Pazos, pasaron xa a disposición xudicial por un delito de lesións

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous mozos A.F.C. e a M.D.G., ambos os dous de dezaoito anos de idade como presunto autores dun delitos de lesións. Os feitos producíronse o pasado 15 de agosto no recinto das Festas de Reboreda cando no transcurso dunha discusión un mozo foi agredido por outros dous, os cales lle propinaron puñadas e un deles chegou a morderlle un dedo da man esquerda arrincándolle un cacho do mesmo
A consecuencia da agresión a vítima foi trasladada a un centro hospitalario onde foi intervido cirúrxicamente de xeito urxente, permanecendo ingresado durante tres días.
A investigación permitiu a identificación dos presuntos autores, dous mozos residentes no concello de Pazos de Borbén, un dos cales conta con antedecentes.
Logo de seren localizados e detidos pasaron hoxe a disposición do Xulgado de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará