Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folk en Cedeira e xogos populares na Teixeira

RR_Noticias

O pavillón do colexio público de Cedeira acolle o sábado ás 20:00 o XXII festival folclórico da parroquia. Na Teixeira celebran pola súa banda o I torno de xogos tradicionais con competicións de tute, petanca e chave.

O Centro Cultural de Cedeira celebra este sábado o XXII Festival folclórico da parroquia coa participación de catro grupos de música e baile. Actuarán os grupos dos centro culturais de Ventosela, Reboreda e Chapela así como o da parroquia anfitriona. As actuacións desenvolvéranse no pavillón do colexio público e comezarán ás 20:00 horas.
Por outra banda na Teixeira en O Viso celébrase unha xornada de xogos tradicionais na tarde de mañá. A partir das catro no torreiro da festa trinta parellas competirán nun torneo de tute, tamén haberá competición de petanca e chave. E xa para os cativos  haberá xogos e obradoiros e globoflexia e maquillaxe a partir das seis.
Unhas actividades que organiza a comisión da festa dos Dolores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará