Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia o mal estado dos parques infantís do municipio

RR_Noticias

Os populares cualifican de “lamentable” o estado de conservación, limpeza e salubridade dos parques infantís do municipio, en concreto do Parque Infantil da Xunqueira. Aseguran que foron moitas as queixas recibidas polos veciños e pais afectados.

O concelleiro Miguel Ángel Álvarez, asegurou que en reiteradas ocasións o PP trasladou este problema ao equipo de goberno a través de mocións, rogos e preguntas co fin de que se tomaran as medidas oportunas pero “o estado de deterioro dos parques complícase máis cada día pola deixadez e a falta de interese do concelleiro responsable”.
Entre os problemas que atopan nos parque falan do “po en suspensión que é case permanente ao estar parte do parque sobre area e terra, o que pode provocar problemas respiratorios a todos os nenos que xogan alí e en especial aos asmáticos”. Ademais disto, advirten da falta de medidas de seguridade, xa que “faltan valados de protección e delimitación na zona de corcho e hai reixas levantadas e obstruídas, bordes de cemento perigosos e un acceso aberto ao río polo que calquera neno puidera caer nun descoido”.
“A todo isto hai que sumarlle a falta de limpeza e acondicionamento do parque, xa que se pode comprobar como os nenos xogan na mesma terra na que os cans fan as súas necesidades, sendo numerosos os excrementos que podemos atopar por todo o parque”, Nesta liña, desde o PP apuntan tamén á falta de carteis indicadores das prohibicións correspondentes e do uso que se lles debe dar ás instalacións.
O mal estado de conservación deste parque infantil resulta máis chamativo aínda nestes días, nos que se celebra o mundialito de fútbol-sala e son centos de nenos e maiores os que alí se reúnen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará