Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Quenlla prato forte do Festival da Lúa Meiga

RR_Noticias

O grupo de gaitas Asubíos, Tanto nos Tén e O Leo i Arremecaghona completan o cartel do concerto que se poderá ver na noite do sábado no monte Outeiro Grande de O Viso. O festival contará coa tradicional suba de chimpíns na xornada do domingo onde continuará a festa

O monte Outeiro Grande de o Viso acolle esta fin de semana a IX edición do festival da Noite da Lúa Meiga. O grupo A Quenlla actuará na noite do sábado nun concerto no que intervirán tamén o grupo de gaitas Asubíos e a formación Tanto nos tén coa participación no concerto de o Leo i Arremegaghona. O programa da festa, que persegue promover a música galega e tradicional tense feito un oco nas citas do verán segundo explican dende a organización quen lembran o éxito de público da edición anterior. As actividades continuarán na xornada do domingo, cunha sesión vermú a partir das 11:30 horas amenizada coa música do grupo folclórico de Cedeira e as gaitas do grupo Airiños de San Simón xunto co baile de Saxamonde. Tamén se celebrará un ano máis a suba de meighachimpíns, unha iniciativa dos veciños que anos atrás decidiron decorar os seus chimpíns e empregalos para desprazarse ao torreiro da festa. Unha proposta que conta cada vez cun maior número de adeptos. Logo do xantar popular haberá xogos tradicionais e continuará a música e o baile. Tamén para os mais cativos actuarán os monicreques de Tanxarina.          

Xosé Covelo comisión de festas
Un festival consolidado
Concerto do sábado
Música de varios grupos coa Quenlla á cabeza
Suba de meighachimpíns
Cada ano son máis os veciños que participan da curiosa carravana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará