Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor en estado de embriaguez obriga a pechar a circulación ferroviaria

RR_Noticias

Durante hora e media estivo pechado o tráfico ferroviario entre Vigo e Pontevedra por mor dun condutor veciño de Vigo de 40 anos de idade quen meteu o seu vehículo nun paso a nivel no lugar de O Coto en Cesantes.

O home, que responde ás iniciais J.F.L. sufriu un accidente cando debido ao estado de embriaguez no que se atopaba non se decatou da existencia da vía férrea e tentou superala quedando o seu vehículo atrapado nos raís as 5:30 horas da madrugada de hoxe. O turismo, un Volkswagen Passat, tivo que se retirado por un guindastre e a súa presenza na vía obrigou a paralizar o tráfico ferroviario durante aproximadamente hora e media, segundo información da Policía Local. A circulación foi restituída ás sete da mañá.
Axentes da Policía realizaron a proba de alcoholemia ao condutor quen superou en catro veces a taxa de alcol permitida ao volante, motivo polo que foi detido e trasladado á comisaría de Vigo á espera de que pase a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará