Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade busca a mellora no emprego das mariscadoras

RR_Noticias

Por este motivo convoca a todas as traballadoras do sector en Redondela a achegarse este mércores día 18 a unha xornada informativa que se vai desenvolver no Multiusos da Xunqueira a partir das 10:00 horas.

O obxectivo da xornada, que organiza a Concellería de Servizos Sociais e igualdade, é analizar conxuntamente as actuacións ou medidas que se poderían aplicar no sector para mellorar as condicións laborais nas que estas mulleres traballan. A encargada de impartir a charla será a técnica Cristina Piñeiro Pérez. A actividade está enmarcada dentro do programa Clara, que a partir de setembro volverá desenvolverse no municipio e que persegue a inserción sociolaboral das mulleres, traballando non só na súa formación senón en todos os aspectos que favorecen a súa integración. O programa vai dirixido a mulleres que por diferentes motivo se atopan en situación de exclusión laboral.

Cristina Piñeiro técnica programa Clara
A charla está dirixida ás mariscadoras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará