Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica en Soutomaior por unha exposición fotográfica

RR_Noticias

O BNG acusa ao PP de apropiarse dunha idea na que os nacionalistas levan meses traballando. Aseguran que a campaña das Concellería de cultura e Novas tecnoloxías para recompilar e dixitalizar imaxes antigas do municipio é un proxecto que xa está a desenvolver o Bloque.
 

O BNG de Soutomaior acusa ao concello e aos responsables municipais do PP de anunciar unha exposición de fotos antigas “conscientes de que os nacionalistas levan meses organizando unha mostra semellante”.
O Concello de Soutomaior informou recentemente de que a Concellaría de Cultura e Novas Tecnoloxías prepara unha exposición de fotografías antigas, para o que insta a veciñanza a entregar ilustracións que recollan imaxes de entre finais do século XIX e os anos 80, un traballo que segundo explica o voceiro do BNG na localidade Fernando Herrero “o seu grupo está a desenvolver desde hai meses”. Aseguran de feito que xa teñen recollido, seleccionado e dixitalizado centros de fotografías co fin de realizar nha mostra de ilustración antigas.
Engaden dende o BNG que os populares son conscientes deste traballo xa que lle solicitaron ao Concello un espazo para expor a mostra, motivo polo que os acusan de “apropiarse das súas ideas”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará