Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adxudicada a construcción do ximnasio no pavillón de Redondela

RR_Noticias

A empresa Construcciones Solla y compañía S.L. será a encargada de realizar a rehabilitación das oficinas e a construcción dun ximnasio no segundo andar do pavillón municipal de deportes. A obra deberá estar concluída en dous meses

A obra foi adxudicada por valor de 112.000 euros con cargo aos orzamento municipais, e a empresa comprométese no prazo de dous meses a dotar as instalacións do pavillón de Redondela  con tres oficinas e un ximnasio.
Unha actuación que ven completar a recente rehabilitación do centro deportivo, que foi sometido a un lavado de cara consistente na adecuación da pista, a mellora dos vestiarios, servizos hixiénicos e a adecuación da cuberta. Actuacións xa rematadas e que estaban incluídas dentro do proxecto Marisma financiado polo FEDER con 423.000 euros.
Dende o goberno local destacan a necesidade de completar dita obra dotando a este pavillón de novas instalacións xa que o edifico que no pasado era usado como ximnasio foi recuperado para a creación dun centro de emprego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará