Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares responsabilizan a Reguera da pouca proxección turística do concello

RR_Noticias

Critican que o Concelleiro de cultura se queixe do carácter elitista das actividades que a Xunta está a desenvolver na Illa de San Simón “en vez de aproveitar o prestixio de artistas como Margareth Menezes para promover Redondela no mundo”

O PP de Redondela responde así á críticas emitidas días atrás dende a Concellería de cultura, cando o seu titular Eduardo Reguera acusou á Fundación Illa de San Simón de manter pechada a Illa ao veciños e dedicar o espazo tan só a actos puntuais, elitistas ou privados.
Unhas declaracións que no PP recolleron con “sorpresa” xa que segundo asegura o edil popular Alberto Pazos, dende o goberno municipal levan anos amosando escaso interese por San Simón a pesar de que os populares levan tempo demandando “unha maior atención a esta illa, que tería que ser un elemento dinamizador do concello e que, ata o de agora, o Goberno local mantivo no máis absoluto esquecemento”. Por este motivo aseguran estar sorprendidos ante o que cualifican de “repentino interese do concelleiro de cultura”.
Lamentan que o edil de Cultura non sexa quen de ver nas actividades que se organizan na illa un elemento de dinamización e divulgación do Concello a nivel mundial. Apunta Pazos que “é unha lástima que o responsable de turismo se queixe do carácter elitista de algunhas actividades en vez de aproveitar o prestixio de artistas como Margareth Menezes para promover Redondela no mundo”. Engado o edil popular que “Regera confunde o alto nivel das actividades desenvolvidas en San Simón cun suposto carácter elitista” e lémbralle que este arquipélago tamén acolle outro tipo de actividades como visitas escolares, dos usuarios do centro social de Redondela ou actos celebrados por distintos colectivos que amosan “que en San Simón ten cabida todo tipo de actividades e persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará