Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela débelle ao estado 670.000 euros

RR_Noticias

O Concelleiro Emilio González Iglesias asegura que esta devolución non provocará ningún recorte nas obras previstas no municipio e confirma a boa saúde das arcas municipais  

O Concello deberá devolverlle ao Estado 670.000 euros. Esta cantidade correspóndese cao liquidación dos anticipos recibidos polo goberno local correspondentes ao ano 2008. O problema radica en que o executivo español anticipou unhas cantidades que logo non se axustaron aos ingresos reais de cada concello. Agora as entidades galegas atópanse cunhas cifras considerables que terán que afrontar no vindeiro exercicio. No caso de Redondela, a débeda das arcas municipais co estado ascende a 670.000 euros, unha devolución que segundo explicou o Concelleiro delegado de asuntos económicos Emilio González Iglesias “á que todos os concello sabían que terían que facer fronte tarde ou cedo”. Engade o edil que a devolución deses cartos non suporán ningún recorte no municipio dado que todas as obras previstas están xa contempladas no orzamento deste ano. Para efectuar o pago no orzamento do vindeiro ano en vez de investir 3 millóns de euros en obras investiranse 2.700.000 euros. Sobre a situación de quebra e de dificultades económicas da que alertan dende a Fegamp e que podería afectar a algúns concellos da provincia, González Iglesias entende que esa situación responde á mala xestión desenvolvida polos políticos que dirixiron eses concellos no pasado, algo que en ningún caso, segundo asegura se pode extrapolar a Redondela.

Emilio González Iglesias delegado de Asuntos Económicos
A cantidade que deberá devolver Redondela é de 670.000 euros
Devolución no 2011
As obras xa previstas non sufrirán ningún recorte
Problemas económicos
O edil entende que os concellos que teñan problemas para afrontar a devolución responde a unha mala xestión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará