Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa ao escenario Eigualdeixa, cunha actuación na Casa da Torre

RR_Noticias

Logo do indiscutible éxito de público do Circo acrobático de Pekín a programación das Noites Máxicas continúa hoxe cunha actuación de folklore con presenza galega e portuguesa e o Pop-changa dos Eigualdeixa

A formación orixinal da banda Eigualdeixa, pioneira do rock redondelá volve reunirse este sábado para ofrecer un concerto ás 23:00 horas na Casa da torre onde se escoitarán os seus temas clásicos e seis novos temas dentro do seu máis puro estilo ‘pop-changa’. Aínda que non chegaron a gravar nada serio os seus directos lograron acadar unha importante sona fóra da Vila dos Viadutos. De feito, os concertos de Eigualdeixa, que naceu a mediados dos oitenta, sempre foron sinónimo de cheo absoluto. Unha década despois da súa disolución, os primeiros integrantes da banda volven xuntarse enriba do escenario para ofrecer diversión, sorpresas e lembranzas, pero tamén novos temas fieis ao seu peculiar estilo. Unha actuación dentro das Noites máxicas que hoxe ofrecerá tamén un espectáculo de folklore a cargo da agrupación portuguesa Identidade lusa de Aveiro e o grupo local O Carballo das cen polas de Reboreda. Será tamén na Casa da Torre hoxe venres ás 22:30 horas.

Rafa Tejo Eigualdeixa
A formación reúnese logo dunha década de ausencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará