Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación Illa San Simón gábase dos 3.500 visitantes mentres o Concello critica a súa xestión

RR_Noticias

 O concelleiro de cultura critica que se manteña a Illa pechada aos veciños e que só se poida acceder ao lugar a través de iniciativas privadas ou en actos puntuais. A Fundación con todo resalta que foron moitos -máis de 3500- os que puideron visitar San Simón grazas ás actividades organizadas no que vai de ano

Os datos aportados pola Fundación Illa de San Simón, xestora das actividades que se desenvolven na illa, falan de máis de 3.500 participantes nos catorce eventos programados e nas visitas organizadas a este espacio entre abril e xullo. Actividades como encontros xuvenís, visitas escolares e de diversos colectivos, concertos, actos de homenaxe, entregas de premios ou acción enmarcadas no proxecto “Illa do Pensamento” aos que hai que sumar os visitantes que na fin de semana se achegan a través da liña privada que fai percorridos pola ría previo pago de 15 euros. Unhas actividades que segundo a fundación estiveron enfocadas tamén ao achegamento á illa dos veciños da contorna, a través de visitas organizadas, xornadas de voluntariado e natureza, a entrega de diplomas do Centro de Benestar Social de Redondela ou a peregrinación marítima organizada pola Confraría de Bouzas, a Fundación Amigos do Camiño Portugués e o Concello de Vigo o pasado 5 de xullo. Unha opinión que non comparten dende o concello de Redondela quen critican a xestión que están a facer dende este organismo e reclaman que, máis alá de citas puntuais e privadas este illa debería estar aberta aos veciños e aos visitantes cando menos durante os meses de verán por ser un foco de atracción turística importantes

Eduardo Reguera edil de cultura
Critica que a Fundación non abra a Illa aos veciños alo menos durante o verán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará