Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado o cadáver dun home de 56 anos no peirao de Cardoma en Chapela

RR_Noticias

O falecido, veciño de Vigo pero residente habitual nun domicilio da parroquia redondelá, non presentaba signos de violencia segundo fontes policiais

O helicóptero Pesca 1 recatou a primeira hora da mañá de hoxe o corpo sen vida dun home que apareceu flotando na ría de Vigo, nas inmediacións do peirao de Cardoma en Chapela. Os servizos de urxencias deron o aviso de que había un cadáver flotando na ría pasadas as seis da madrugada.
Ao lugar do suceso acudiron unha patrulla da policía nacional e local, o Grumir de Redondela, o servizo de Gardacosta e o helicótero Pesca ! que se encargou do rescate do corpo.
A entidade do falecido, que non presentaba signos de violencia, non trascendeu aínda que se sabe que era un varón de 56 anos de idade veciño de Vigo pero residente habitual en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará