Durante a fin de semana os que se acheguen á área recreativa Chan das Pipas poderán degustar caldos caseiros ademais de gozas coa música, os xogos populares e unha exposición fotográfica sobre os traballos na parroquia
A área recreativa Chan das Pipas acolle esta fin de semana a III edición da Festa do Viño da casa, onde participan catro produtores domésticos de viño da parroquia e arredores. Ademais de degustar os caldos caseiros, os centos de persoas que se esperan pasen pola parroquia nos dous días de celebración poderán achegarse a unha exposición de fotografía titulada “O traballo e os días” onde se mostran escenas de diferentes traballos realizados polos habitantes de Saxamonde con imaxes dende os anos 20 ata a actualidade. A música na noite do sábado correrá a cargo das Pandereteiras Arela, o grupo Velaiquí e Ardentía. Xa o domingo haberá sesión vermú coa orquestra de saxos de Redondela, un xantar popular e unha xornada de xogos populares e tradicionais Tamén como novidade nesta edición celebrarase o primeiro concurso degustación de receitas ao viño onde poden participar todos os que o desexen, co único requisito de presentar os seus pratos as doce do mediodía no centro cultural.
Unha mostra fotográfica sserve para percorrer o traballo diario na parroquia
Premiaranse as mellores receitas elaboradas entre outros ingredientes con viño