Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tirán proclámase Campión Galego de traiñeiras na regata disputada en Chapela

RR_Noticias

Os de Moaña, única embarcación galega na liga ACT, estiveron intratables. Clasifícanse así para o Campionato Nacional, no que tamén estará Amegrove, segundo clasificado. O club de Remo de Chapela tivo que conformarse coa sétima praza.

Cumpríronse os prognósticos. O S.D. Tirán é o Campión Galego de Traiñeiras ó impoñerse cunha rotunda superioridade na proba disputada en Chapela.  Os de Amegrove tentaron seguirlle a estela, pero os do Morrazo gañaban cada vez máis vantaxe, e remataron a regata 14 segundos por diante dos do Grove, que foron segundos. O C.R. Chapela non puido pasar da sétima praza. Tocoulles remar na mesma quenda que Tirán, Amegrove e Samertolameu. Os seus rivais comezaron moi fortes, e aínda que quixeron remontar, os redondeláns fóronse apagando ós poucos. A proba, disputada en Arealonga cun mar totalmente en calma, foi un recital dos de Tirán de principio a fin. Ós rivais só lle quedaba a opción de aspirar á segunda posición, que daba praza para competir no Nacional que se celebrará en Pedreña (Santander) os días 7 e 8 de agosto.
Neste XXVII Campionato de Galicia de Traiñeiras competían os sete primeiros da Liga Galega, ademais de Tirán, que compite na liga ACT.
Agora queda ver o que poden facer os representantes galegos en Pedreña. Trátase dun campo de regatas complicado, pero os de Moaña teñen a vista posta no podio e, despois do nivel demostrado en Arealonga, son firmes candidatos ó título.
Pero antes temos outras citas na Liga Galega, esta fin de semana dispútase a IX Bandeira Teresa Herrera na Coruña. Unha liga na que Chapela seguirá a esforzarse por manter a regularidade que os sitúa na terceira praza da xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará