Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha vintena de equipos participarán no torneo de Fútbol Sala 48 horas de Laredo

RR_Noticias

O campionato celebrarase esta fin de semana co gallo das festas grandes de Chapela e co obxectivo de promocionar o deporte entre a mocidade. Os partidos disputaranse no Colexio de Laredo coa participación de conxuntos da categoría sénior masculino e tamén mixtos.

Despois do éxito do VII Torneo de Fútbol Sala Chapela, coa organización do club Arealonga F.S., os promotores do evento dan un paso máis. E esta fin de semana poñen en marcha un novo campionato, o Fútbol Sala 48 horas de Laredo. Un dos organizadores deste torneo, Iván Vázquez, explica que o principal obxectivo é “promover o deporte entre a mocidade”. Os partidos comezarán na tarde do venres días 30 de xullo, e continuarán o sábado e o domingo, con enfrontamentos pola mañá e pola tarde. Vázquez sinala que a iniciativa xurdiu coa idea de ampliar a oferta das festas da parroquia de Chapela cun evento deportivo no Colexio de Laredo, “onde nunca se fixera”. E a resposta dos afeccionados ó fútbol sala foi moi boa. Polo de agora hai uns 20 equipos inscritos, 12 de categoría sénior masculina e 8 máis na modalidade “mixta”, onde xogan mozos e mozas xuntos. Pero poderían ser máis porque a inscrición aínda está aberta no día de hoxe. Os interesados poden chamar ós teléfonos 662.111.339 ou 665.952.951. O prezo é de 70 euros para os equipos masculinos e 40 para os mixtos. Nos caso dos equipos mixtos a organización establece que na pista sempre deben estar xogando “dous homes e dúas mulleres”. Nesta caso Iván Vázquez salienta a participación de rapazas, que xustifica polo gran número de equipos femininos cos que conta o Club Arealonga F.S. Chapela.

Iván Vázquez organizador
Un torneo para promover o deporte entre os mozos
Equipos mixtos
O campionato contará con equipos de mozos e mozas misturados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará