Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate un cambio na normativa que permitiría reabrir os locais de copas da rúa Prata

RR_Noticias

A proposta de urbanismo pasaría por derrogar a actual ordenanza municipal, que só permite conceder permisos de apertura a pubs ubicados en rúas de máis de catro metros de ancho e substituíla pola normativa da Xunta, que rebaixa esta esixencia aos tres metros e medio

Dende a concellería de urbanismo, Emilio González Iglesias asegura que este cambio na normativa permitiría aos propietarios de algún dos bares pechados meses atrás solicitar a licencia de apertura e regularizar así a súa situación.
A modificación, que se debaterá no pleno que se celebra este mércores ás nove da mañá en Redondela, consistiría en derrogar a ordenanza reguladora existente actualmente no concello na que se esixe aos pubs, bares e similares ubicarse en rúas cunha anchura superior aos catro metros. Precisamente esa esixencia de urbanismo impediu a estes locais acceder á licencia de apertura e legalizar a súa situación debido á escasa anchura da rúa Prata que non permitía aos locais cumprir a normativa vixente de seguridade e accesibilidade.
A partir da derrogación entraría en vigor a normativa da Xunta que é moito máis permisiva neste aspecto xa que permite este tipo de establecementos en rúas cun ancho de 3’5 metros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará