Hoxe é Martes 20 de Outubro de 2020

Un concerto e unha exposición para homenaxear ao cantor portugués José Afonso

RR_Noticias

A figura e a música do Zeca tamén se lembrará na proxección dun documental mañá mércores ás 22:30 na Discotasca. A Radio Municipal súmase ás homenaxes coa difusión de microespacios en torno ao cantautor no programa A Estación.  

Durante os vindeiros días vaise celebrar en Redondela diferentes actos en homenaxe á figura do cantor portugués José Afonso, que arrancará mañá mércores día 28 de xullo coa proxección do documental “Legados de José Afonso” que se poderá visionar na Discotasca a partir das 22.30h. O sábado 31, o Colectivo “A virada” ofrecerá un concerto de músicas do Zeca na Casa da Torre, a partir das 23h. E xa por último, unha exposición en torno a súa figura  que se poderá ver na Casa da Torre na primeira quincena de agosto. Ademáis durante esta semana do 26 ao 30, a Radio Municipal de Redondela coa fin de difundir a figura do Zeca emitirá uns microespacios informativos e musicais enmarcados dentro do programa A Estación (11:00 a 13:00 horas) As actividades están organizadas polo Colectivo Despiste de Redondela e a Associaçao José Afonso (AJA) de Portugal.

Colectivo Despiste
Homenaxe cando se cumpren 81 anos do nacemento do Zeca

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *