Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de doazón de sangue en Redondela e Chapela

RR_Noticias

O obxectivo e incrementar o número de doazóns no concello logo de que no último ano se detectase unha diminución dun 4% no número de doazóns. Con todo Redondela segue a superar a media galega cunha taxa de 48 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.

En pleno período vacacional o Centro de transfusión de Galicia está a realizar unha campaña especial para atender á demanda de sangue nos centros hospitalarios, que tradicionalmente se incrementa nos períodos de verán polo maior número de accidentes de tráfico. Por este motivo, unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprazarase esta tarde a Chapela dende as 16:00 ás 21:00 horas mentres que mércores e xoves estará instalada nas inmediacións do concello en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. O obxectivo é manter o número de doazóns en Redondea ou incluso incrementalo dado que no pasado ano produciuse unha diminución dun 4% ao pasarse de 1449 doazón no 2008 a 1369. Con todo, o municipio mantense en 48 doazóns por cada 1000 habitantes e ano, superando a taxa media de Galicia, situada en 45 doazóns por cada mil habitantes e a media estatal que actualmente está en 38 doazóns por cada mil habitantes. Dende o Centro de transfusión destacan a importancia deste tipo de campañas para animar aos veciños a facerse doadores, un actos solidarios que non implica ningún risco para a saúde e que tan só nos rouba 15 minutos do noso tempo, segundo explicaba a responsable do Centro de Transfusión no sur da comunidade, Sabela Lareo.

Sabela Lareo Centro de transfusión
Campañas informativas para que se perda o medo a ser doador
Diminución nun 4%
Redondela ten unha taxa de 48 doazóns por mil habitantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará