Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o paseo de A Marisma coa colocación da ponte peonil sobre o Alvedosa

RR_Noticias

A colocación dunha ponte de madeira na desembocadura do Alvedosa supón completar o paseo peonil que comunica a zona de Punta Socorro en A Portela co paseo tamén de madeira que rodea a depuradora. Remata así a actuación máis ambiciosa das contempladas dentro do plan Marisma de recuperación ambiental das desembocaduras dos ríos Alvedosa, Pexegueiro e Maceiras.

O paseo ata A Portela ten unha lonxitude superior a un quilómetro e unha anchura de 2’5 metros, está practicamente rematado -tan só restan algúns flocos consistentes en completar o mobiliario urbano e a iluminación – e foi realizado pola empresa coruñesa Antalsis cun custe de 752.190 euros.
O nova zona peonil ten continuidade con outros paseo semellante que rodea á depuradora de augas residuais e que está tamén practicamente rematado unha vez que o pasado martes se instalou a ponte de madeira na desembocadura do Alvedosa que permite comunicar ambos os dous paseos e cruzar dende a Avenida Mendiño á Estrada da Portela. Unha actuación que se realizaba a media tarde e que congregaba a ducias de curiosos que seguían expectantes a colocación da ponte.
A actuación, adxudicada á empresa Hidroscivil por un importe de 250.000 euros, completarase cunha pantalla vexetal para ocultar as instalacións da planta de tratamento.
O proxecto Marisma para a recuperación e preservación do humidal na zona onde desembocan os ríos Alvedosa, Pexegueiro e Maceiras conta cun orzamento de 3.034.197 euros dos que o Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional (FEDER) aporta 2’1 millóns e o resto o concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará