Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

75 mulleres participarán no programa de inserción laboral Clara

RR_Noticias

A Concellería de servizos sociais e igualdade ten aberto xa o prazo de inscrición para participar na 3ª edición do programa Clara que se desenvolverá de setembro a decembro. As interesadas poden inscribirse no teléfono 986 408043

O único requisito para participar é estar empadroada en Redondela e terán prioridade aquélas mulleres que se atopen en situación de desemprego, con carencias e dificultades persoais e profesionais para afrontar a busca de traballo.
A concellería pretende nesta ocasión achegar o programa a todas as mulleres do municipio polo que se tentaráe descentralizar a actuación levando o programa polo menos a 5 parroquias fora do centro da vila accedendo a un total de 75 mulleres.
O obxectivo do programa Clara é a inserción sociolaboral das mulleres desempregadas con especiais dificultades así como o desenvolvemento da habilidade que fagan que as mulleres se convertan en axentes actividades na súa incorporación ao mercado laboral.
O concello de Redondela é o único de Galicia no que se desenvolve o programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará