Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma informa das negativas repercusións das infraestructuras no Camiño Portugués

RR_Noticias

Durante toda a mañá entregarán aos camiñantes folletos informativos en cinco idiomas e cunchas de vieira co logotipo da plataforma para informar e sensibilizar aos peregrinos da incidencia que a autovía A-59 e o polígono de Arrufana tería no Camiño Portugués a Santiago

Durante a mañá de hoxe membros da plataforma contra a autovía e da asociación de afectados polo polígono de Saxamonde realizarán unha campaña encamiñada a informar a todos os peregrinos que se dirixen a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués das nefastas consecuencias que as infraestructuras proxectadas van ter sobre este traxecto histórico. A iniciativa consistirá en entregar aos camiñantes folletos en cinco idiomas (galego, español, portugués, francés e inglés) nos que se explica de xeito pormenorizado a incidencia que a construcción da Autovía A-59 e o parque industrial de Mos-Redondela terá no Camiño. Entregaráselles ademais unha cuncha de vieira co logotipo da Plataforma. O obxectivo é claro: informar pero tamén sensibilizar sobre a necesidade de preservar un traxecto xa moi prexudicado. Polígono de Arrufana Dende a asociación de afectados polo polígono, reiteran que ademais de ser 900 as persoas afectadas directamente por residir en Saxamonde ou Vilar, as dúas parroquias que se verían afectadas coa construcción do futuro parque industrial de Arrufana, o camiño de Santiago e a Vía Romana XIX quedará entre naves industriais deixando dous kilómetros do traxecto ao carón das empresas. Os peregrinos non dubidan en apoiar a negativa á construcción do polígono, xa que segundo explican o tramo entre Tui e O Porriño está completamente estragado precisamente pola súa proximidade cun parque industrial o que fai que o tráfico de camións sexa moi elevado.

Belen Fervenza Plataforma Cidadá
A campaña pretende sensibilizar aos peregrinos
Jabo afecados polo polígono
Repercusións nos veciños e no camiño a Santiago
Peregrina
Os camiñanes advirten das consecuencias dun novo polígono no camiño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará