Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diminúen nun 4% o número de doazóns en Redondela

RR_Noticias

A pesar do descenso, o concello mantense nunha taxa de 48 doazóns por cada 1000 habitantes e ano, superando a media galega que o ano pasado fora de 45 doazóns por cada mil habitantes

No noso concello realizáronse no 2009 un total de 1389 doazóns de sangue, que representan 48 doazóns por cada 1000 habitantes e ano, unha cifra que permite ao concello de Redondela manterse no índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde (que recomenda entre 40 a 60 doazóns por cada mil habitantes) e supera a media de doazón estatal que actualmente está en 38 doazóns por cada mil habitantes. Superamos tamén a taxa media de Galicia onde a porcentaxe o pasado ano foi de 45 doazóns por cada mil habitantes.
Aínda así, dende o Centro de Transfusión de Galicia fan un chamamento para tentar evitar a caída no número de doadores logo de comprobar que se pasou 1449 doazóns no 2008 a 1389 o pasado ano o que supón unha diminución dun 4%. Unha tendencia á baixa que se constata ademais noutros concello da comarca como en Soutomaior onde tamén se produciu unha reducción porcentual semellante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará