Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, espectáculos de transformismo e contacontos nas noites do Meixón Frío

RR_Noticias

A programación que organizan anualmente os locais A tenda de Candelaria, Cafe da Vila e O Escondidiño inclúe este ano algunhas novidades como unha foliada de clausura

Gossip “o bufón” actuará este xoves ás 21:00 horas. Un personaxe creado polo actor Alberto Maguna quen ofrece ao público un espectáculo de maxia e humor para adultos. Esta é a terceira das actuacións do Meixón Music desta ano a quen seguirá o día 29 xa para pechar o mes de xullo o espectáculo de transformismo de Juan Lorenzo e Ashley Ferraro. En agosto a música será a protagonista coas versións de The Soutos, a Rondalla Tío Emilio de Redondela e a música variada de Circo De pulgas. O punto e final será o 26 de agosto cun concerto de música tradicional galega a cargo do grupo do Viso “Tanto nos ten”, acto central dunha foliada na que non faltarán os petiscos.

Pili García Meixón Music
Actividades variadas
Antonio Cuntín día 29
Un espectáculo de transformismo para pechar o mes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará