Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máquinas Absurdas no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

Enxeños do máis variado e imaxinativo pódense visitar ata finais de agosto no Multiusos obra do escultor Bernardo Seoane, quen nos advirte de que neste espacio “está prohibido non tocar” 

Máquinas de tortura, varios instrumentos de pedir, un exemplo do absurdo das guerras baixo o nome de Terminator e outros enxeños do máis variado conforman a mostra que estes días se pode visitar no Multiusos da Xunqueira baixo o título de “máquinas absurdas”. Obra do escultor Bernardo Seoane realizada a partir de material de refugallo, o autor desta curiosa mostra anímanos á achegarnos a este espacio no que “está prohibido non tocar” e experimentar de primeira man como funcionan a “prensa autopensadora” ou o “consolador”, unha máquina cuxa función é dar abrazos aínda que sexan de ferro. Con todo parece que son as máquinas de tortura as que máis chaman a atención dos visitantes aínda que a súa preferida sexa unha crítica á clase política e que leva pro nome “Manivela”. Para completar a exposición atopamos tamén “a auténtica pedra na que o home tropezou dúas veces ou máis”, unha lastra achada en Redondela.

Bernardo Seoane escultor
Unha exposición interactiva nos meses de xullo e agosto
Máquinas de tortura
Os insttrumenos de tortura son os que máis chaman a atención entre o público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará