Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco prepara a pretemporada con seis novas fichaxes

RR_Noticias

O equipo de Julio Alvarez refórzase para ser “máis competitivo” na próxima temporada. Polo de agora a intención do técnico é mellorar “o centro do campo”, que foi o punto feble do Choco na pasada liga. En canto ós obxectivos no club son prudentes e apuntan só á “permanencia”.

Dentro de tan só 8 días, o mércores 21 de xullo, comeza a pretemporada para o Choco. Terán un duro traballo para preparar a liga que comeza a finais de agosto, xa que boa parte do equipo renovouse. O conxunto redondelán incorporou a seis novos xogadores: Gerardo procedente do Marín, Calo e Dabarca do Bouzas, Bruno que xogaba no Alondras, Richi ex do Gran Peña, e recuperan tamén a Eric, que a pasada campaña no xogou por motivos de estudos. Estas fichaxes súmanse ós xogadores que renovaron polo equipo redondelán (os porteiros Isma e Cortegoso, Iago, Gorka, Santi, Michel, Molinos, Buján e Manu). E aínda podería haber dúas incorporacións máis, xa que traballan na fichaxe de Ces, do Bouzas, e Estefan, do Porriño, pezas que serían moi importantes para mellorar o xogo no centro do campo, que é unha das pretensións de Julio Álvarez. Practicamente, como salientaba o presidente do club, Cándido Mirou, “trátase dun equipo novo”, que terá que irse engraxando nesta pretemporada. Terán unha boa oportunidade de probar ó novo conxunto o 7 de agosto, cun partido co Bouzas. O día 15 de agosto xogarán tamén a Copa Deputación, será co Arbo.

Cándido Mirou presidente do club
O club traballa nun equipo máis competitivo con moitas novidades
Fichaxes
O técnico usca mellorar o centro do campo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará