Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello controlará o paso de vehículos pesados por Chapela

RR_Noticias

A apertura da rotonda de Rande, na saída da AP-9 hai tan só unha semana incrementou a preocupación xa existente en Chapela polo elevado número de vehículos pesados que circulan pola Avenida de Vigo no centro urbano da parroquia redondelá.

Aos camións xa habituais, que se desprazan cara ás empresas asentadas no litoral de Chapela, os veciños temen que se engadna tamén os vehículos que se dirixen ás emrpesas de Teis. Temen que o concello de Vigo cumpra a súa ameaza de impedir que os vehículos circulen por Sanjurjo Badía e que de facerse efectiva a medida os camioneiros que saen do Porto con destino a Teis poderían optar por coller a autoestrada, abandonala antes de entrar na Ponte de Rande e regresar pola N-552 e a Avenida de Vigo para chegar ao seu destino. A glorieta xa en funcionamento permite o xiro de camións unha manobra ata o de agora inviable. O concelleiro responsable de tráfico, Eduardo Reguera anunciou no seu momento que non están dispostos a asumir este tráfico pesado e ten previsto iniciar agora unha campaña de control para comprobar que tan só circulen por está vía os vehículos autorizados.

Control de camións
O concelleiro Eduardo Reguera anunciou o inicio dunha campaña de control dos vehículos pesados que se dirixen cara Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará