Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melodías de cine e ópera co cuarteto de trompas Filhartrompía

RR_Noticias

O cuarteto de trompas Filhartrompía actúa no Auditorio do Multiusos da Xunqueira o sábado 10 de xullo no marco do Festival Via Stellae. O concerto comezará ás 21:00 horas

“Ópera de cine” é o título do variado programa deste concerto que mestura obras pensadas ou utilizadas no cine con pezas populares e operísticas. No programa poden atoparse célebres melodías de películas como Breakfast at Tiffany’s (Almorzo con diamantes) ou Monty Pytohn’s Flying Circus, musicais como West Side Story, óperas como Cavalleria Rusticana, marchas, tangos, blues, etc. Así o programa inclúe obras de autores como Mascagni, Bernstein, Wagner, Monti, Sousa, Mancini, Lennon/McCartney, etc.
Fundado hai tres anos no seo da orquestra compostelá Real Filharmonía de Galicia, este
conxunto naceu co obxectivo de amosar o descoñecido repertorio escrito para cuarteto
de trompas, así como para inspirar a novos compositores sobre a riqueza de recursos
que ofrece este tipo de agrupación.
Ofreceron o seu primeiro concerto público no marco do Festival Via Stellae do 2007 e a partires deste momento xa teñen realizado xiras por outras comunidades españolas. Forman o cuarteto músicos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Castela e León e profesores da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia: os valenciáns Jordi Ortega e Xavier Ramón e os galegos Alfredo Varela e Martín Naveira.º

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará