Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela reúnen 6.000 euros para recorrer xudicialmente a ampliación da AP-9

RR_Noticias

Esperan recadar un total de 20.000 euros para presentar un recursocontencioso ante a Audiencia nacional. A asoicación de afectados anuncia que en setembro retomarán as mobilizacións para tentar paralizar o proxecto de ampliación da autoestrada.

A colaboración veciñal permitiu reunir en tan só dous día máis de 6.000 euros en dous días para presentar un recurso contra a ampliación da autoestrada AP-9. Así o confirmou o presidente do colectivo Franscisco Puch quen asegura que os custes xurídicos e periciais necesarios para presentar un recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional poderían ascender a 20.000 euros. Logo da reunión que esta semana mantiveron os afectados pola ampliación da autoestrada foron moitos os que xa fixeron as súas doazóns de 50 euros como aportación inicial, cantidade que supón un tercio do total necesarios para realizar os trámites xudiciais. Dende o colectivo veciñal critícase a negativa do Concello a proporcionarlles axuda económica xa que, segundo explicou Puch non se trata dunha accións xudicial desenvolvida por un particular senón unha medida encamiñada a defender a toda unha parroquia cada vez máis afectada polas infraestruturas. Lembra que as afeccións non afectan só a domicilios particulares senón a “servizos tan importantes como os centros educativos, o centro de saúde ou a igrexa”. A directiva da asociación reiterou que as mobilizacións se retomarán en canto remate o verán xa que ao seu entender “as manifestacións nas rúas son a mellor maneira de que as voces dos veciños sexan escoitadas polos políticos”.

Francisco Puch presidente Asoc. Afectados
Colaboración veciñal
Críticas ao concello
O colectivo insiste en que non é un problema particular senon de toda a parroquia
Mobilizacións
Logo do verán reomarán as protestas nas rúas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará