Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os recortes no Ministerio de Fomento atrasan a construcción da A-59

RR_Noticias

Os 23 quilómetros de trazado que deberían unir Vilaboa co aeroporto serán unha das infraestruturas galegas que se verán afectadas polo recortes decretados no Ministerio. O responsable deste departamento, José Blanco trasladoulle ao presidente da Xunta os atrasos nas autovías Vigo-Pontevedra, Santiago-Lugo. Lugo-Ourense a Transcantábrica e a terceira ronda de A Coruña

A decisión do Ministerio de Fomento de recortar 6.400 millóns de euros en investimentos durante este ano e o próximo terán efectos directos sobre algunhas das infraestruturas prometidas para Galicia.
Unha das que sufrirá atrasos é a autovía A-59, un trazado de 23 kilómetros de longo que uniría Vilaboa co aeroporto de Peinador e cuxa construcción foi defendida dende Fomento como alternativa gratuíta á autoestrada AP-9 e á ponte de Rande.
Aínda que o Ministerio ten xa licitado a redacción do proxecto de dous dos tres tramos nos que está dividido o trazado, non existe aínda data para o inicio das obras
Curiosamente hai tan só unha semana -o pasado 2 de xullo- o Ministerio publicaba no Boletín Oficial do Estado a adxudicación do proxecto do trazado e construcción do tramo entre Vilaboa e a parroquia de O Viso á Unión Temporal de Empresas (UTE) por valor de 2.139.042 euros.
Os recortes do departamento que dirixe José Blanco afectarán tamén ás autovías que comunican Lugo con Ourense, Santiago-Lugo e á autovía do Cantábrico así como á terceira ronda de A Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará