Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Evacuada en ambulancia unha muller logo dun enfrontamento verbal co alcalde

RR_Noticias

Os feitos tiñan lugar nos transcurso do pleno municipal que se desenvolvía na mañá de hoxe en Redondela. A muller sufriu un ataque de ansiedade logo de ser expulsada do salón de plenos cando se debatía o arranxo do Camiño de Carreola en Chapela, cuxo estado lle impide acceder á súa vivenda

Un pleno de trámite o que se iniciaba as nove da mañá de hoxe en Redondela correspondente ao pasado mes de xuño e que por diferentes motivos foi posposto ata hoxe. A sesión discorreu con total normalidade ata a primeira das mocións na que os populares solicitaban o arranxo dun camiño en Chapela cuxo mal estado impide que os propietarios de varias vivendas do lugar poidan acceder ás súas propiedades en vehículo ou mesmo que á zona poida acceder un vehículo de emerxencia de bombeiros ou ambulancias. Así o explicaba o edil do PP, Alberto Pazos quen a través dunha moción demandaba da corporación municipal que se acordase arranxar o camiño da Corrreola para facilitar así o acceso dos veciños. Dende o PSOE o edil de urbanismo, Emilio González Iglesias aseguraba que este camiño atravesa unha propiedade privada e que o acceso ás vivendas debería facerse por outro vial, tal e como o acredita a documentación presentada polos propios veciños cando solicitaran, décadas atrás, a licencia de obra para a construcción dos inmobles Con todo, engadía o edil que o goberno estaría disposto a abrir un vial sempre e cando os veciños cederan os terreos. Entre o escaso público que asistía á sesión atopábase unha das mulleres que está a demandar o arranxo do camiño dende hai anos. Visiblemente afectada, a muller insinuou que a falta de actuación por parte do goberno debíase á deferencia que se ten con algún dos propietarios dos terreos por onde pasa o camiño. Logo de reclamarlle silencio en varias ocasións finalmente o alcalde solicitou aos axentes da policía que a desaloxaranda sala. Minutos despois a muller sufría un ataque de ansiedade que obrigaba a chamar unha ambulancia e ao seu trasladado ao centro de saúde ante a imposibilidade de estabilizala no lugar. A sesión plenaria retomábase quince minutos despois cunha nova moción na que os populares demandaban o arranxo doutro vial en Chapela, o Camiño dos Cipreses. Novamente esta moción era rexeitada cos votos en contra de PSOE e BNG.

Alberto Pazos PP
O edil do PP demandaba o arranxo do camiño
Emilio González Iglesias PSOE
O concelleiro asegura que o acceso a esas vivendas é por outro vial
Cesión de terreos
A proposta do goberno local pasa proque os propietarios cedan os tterreos para facer un camiño
Enfrontamento verbal
Unha veciña e o alcalde Xaime Rei enleáronse nunha discusión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará