Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre a rotonda de Rande na N-552 logo dun ano de obras

RR_Noticias

A obra, cuxo orzamento ascendeu a 643.000 euros, incluiu a instalacións de semáforos, unha antiga demanda veciñal para unha estrada cun elevado tráfico rodado.

Dende a tarde de onte todos os condutores que desexen cambiar de sentido unha vez saian da autoestrada AP-9 non terán que desprazarse á gasolineira, xa que logo de moitos meses de obras está xa aberta ao tráfico a rotonda na N-552.
Unha obra que custou 643.000 euros e que inclúe unha das demandas veciñais máis escoitadas na zona de Cabanas, a necesidade dun semáforo que permita aos residentes en Rande cruzar unha estrada cun intenso tráfico, a que comunica Redondela con Vigo.
Ademais da instalación de semáforos, que xa están en funcionamento, a obra incluíu unha mellora na iluminación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará