A XI edición do festival internacional de artistas de rúa principal atracción das noites máxicas dos viadutos que inclúen ademais concertos homenaxe a Suso Vaamonde e Xosé Afonso.
A programación arranca hoxe as 23:00 hroas co encontro folclórico internacional na praza Casa da Torre onde participarán a Asociación Miramar-Axouxeres, o grupo de baile Princesa Iraya procedente da localidade canaria de la Iguana e o grupo Iriston da república rusa de Ossetia Norte.
As actuación continuarán o sábado día 10 cun concerto enmarcado dentro da programación do Vía Stellae. Será no multiusos da Xunqueira ás 21:00 un concerto a cargo do conxunto de trompas Filhartrompía.
Na vindeira semana haberá baile no Día da Muiñeira, o mércores 14 ás 21:00 horas e xa o día 16 a praia de Arealonga será o escenario para unha mostra folclórica onde participarán o grupo tudente Mercé da Chaira, a casa de Andalucía e o grupo Flores Mareliñas. O sábado 17 haberá música tamén no areal de Chapela cunha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde.
Na seguinte fin de semana Chapela acollerá tamén un concerto múltiple coa presenza das pandereteiras “As cacharelas” do círculo cultural da parroquia, o grupo de música folk portuguesa Raíces e a Qunella.
XI Festival Internacional
O festival internacional de rúa chaga á súa decimo primeira edición coa participación dun total de nove grupos procedentes de Cuba, Bulgaria, Arxentina, Brasil, Bélxica e Madrid e a actuación especial do grupo de títeres Tanxarina quen presentarán o seu último espectáculo que leva por título “Trogloditas”.
A programación de xullo rematará o día 31 cun concerto na Casa Da Torre a cargo do grupo “Na virada” quen farán unha homenaxe ao cantautor portugués Xosé Afonso.