Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A contracción do gasto augura menores vendas nas rebaixas do comercio local

RR_Noticias

Os descontos nalgúns comercios superan o 50%. As tendas asociadas á Asociación de Empresarios contarán cun servizo de ludo-escola durante os meses de xullo e agosto para facilitar a pais e nais as súas compras así como a conciliación da vida laboral e familiar dos propios comerciantes

A situación de crise na que se atopa sumida a economía fai prever unha diminución nas vendas neste inicio das rebaixas de verán. Así o estiman dende a Asociación de Empresarios de Redondela, onde apuntan que a situación meteorolóxica das últimas semanas foi moi prexudicial para o comercio xa que o que se pon a venda dende hoxe, nalgúns casos con descontos de ata o 70%, non son produtos en “stockaxe” senón prendas de tempada que non tiveron saída no mes de xuño. Os comercios non repercutirán no consumidor a suba do IVE que entra hoxe en xa que a mercancía en rebaixas estaba xa nas tendas e pagouse co IVE antigo. Ademais para favorecer as compras e fidelizar ao cliente os comerciantes poñen en marcha dende hoxe e ata o 31 de agosto o servizo de ludo-escola que funcionará de xeito gratuíto no parque infantil Indiana Bill en horario de 10:00 a 13:00 horas. A Ludo-escola terá unha duración de dous meses e será de luns a venres. As entradas apra acceder a este servizo estarán dispoñible nos comercios asociados. Os clientes poderán solicitalas ao facer as súas compras e entregalas no parque infantil Indiana Bill, hai que ter en conta que o número de prazas limitarase a un total de 100 por día. Cada entrada ten validez para un so día. Os pequenos gozarán na ludoescola de piscinas de bolas, libros de debuxos e como novidade este ano incluirase un amplo programa de actividades diarias. Un servizo do que poderán tamén facer usos tanto os propietarios como os traballadores dos comercios asociados

Julia Alonso Asociación Empresarios
A técnica da asociacións lembra a entrada en funcionamento do servizo de ludo-escola
Rebaixas de verán
Un periodo de descontos que non se prevé moi positivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará