Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello Parroquial de Chapela aborda a limpeza de Arealonga

RR_Noticias

O presidente do Consello reitera que as praias se limpan de xeito correcto e diario respeitando a normativa ambiental que prohibe retirar as pedras do areal. O Consello, que se reunirá ás 20:00 horas, abordará tamén o vertido que se producía hai un mes procedente de Aucosa

Os membros do Consello parroquial de Chapela reuniranse esta tarde ás 20:00 horas nunha reunión extraordinaria solicitada dende a asociación de veciños quen demandan do Concello que se adopten medidas que controlar “os vertidos reiterados procedentes de empresas e embarcacións asentadas no litoral” así como “a mellora da limpeza que se realiza na praia de Arealonga”. Os veciños critican que o areal estea cheo de “cascallos, vidros e louza” motivo polo que xa realizaron dúas xornadas de limpeza reivindicativa. Unha críticas que o edil de urbanismo e presidente do Consello, Emilio González Iglesias rexeita xa que asegura que a limpeza dos areais estase a realizar de xeito correcto e diario. Lembra que a normativa medioambiental prohibe retirar as pedras das praias e que estas sempre existiron na desembocadura do río. Por outra banda o concelleiro asegura non entender que a Asociación de Veciños se concentre só na convocatoria de xornadas reivindicativas e non fagan labores de concienciación “para promover que os bañistas e usuarios das praias as manteñan limpas e libres de vidros”.

Emilio González presidente consello parroquial
O edil asegura que a limpeza se está a facer de xeito diario
Concienciación veciñal
Enttende que os vidros que aparecen na area segundo os veciños proceden dos malos usos dos bañistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará