Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco grupos actúan esta noite no Arde Rande

RR_Noticias

Os organizadores estiman que serán mil as persoas que se acheguen esta noite aos escenario intalado baixo a Ponte e onde se escoitará a música rock, soul e punk de cinco grupos. Previamente haberá unha tamborrada

O grupo de Albacete Matavys, o rock urbano dos ourensáns Derroche, a música rock blues do grupo de Nigrán The Soul Jacket , e o rock das bandas Funk n bastards e Os Vacalouras soarán hoxe no escenario do Arde Rande 2010. O concerto, de balde, terá lugar ás 22:00 horas baixo a ponte onde se instalarán ademais dúas barras nas que se servirán bebidas e bocatas a “prezos anticrise”. As actividades organizadas pola Asociación deportiva e cultural de Rande arrancarán dúas horas antes na Alameda de Chapela. Alí ás 20:00 horas haberá unha tamborrada na que poderán participar todos os que acudan con algún instrumento de percusión O presidente da asociación organizadora, Juan José Comesaña estima que serán unhas mil persoas as que esta noite se dean cita en Rande, eso si sempre e cando o tempo o permita. As actividades continuarán na tarde do sábado cun serán a partir das seis. Haberá música de gaitas, baile, petiscos e festa rachada, ademais de xogos populares para os máis novos.

Juan José Comesaña Asociación Cultural de Rande
Os grupos ofrecerán un repertorio de música variada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará