Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Patinaxe para nenos e adultos en Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición nun curso de patinaxe no que poden participar tanto nenos como adultos. As clases desenvolveranse os meses de xullo e agosto no pavillón municipal da Montesiña.

Os afeccionados á patinaxe van poder seguir practicando este deporte nos meses de verán. O éxito das Escolas Deportivas Municipais nesta modalidade, levaron á Concellaría a prolongar o curso de patinaxe tamén nos meses de xullo e agosto. O edil de Deportes, Francisco Iglesias, xustificou a decisión “pola gran demanda das familias”. Haberá clases de iniciación e perfeccionamento, desde o 5 de xullo ata o 27 de agosto. Serán os martes e xoves en horario de 10:30 a 13:30 horas no Pavillón Municipal da Montesiña. O prazo de inscrición está aberto ata mañá venres, día 25 de xuño, no propio pavillón.

Francisco Iglesias concelleiro
A esola municipal de patinaxefoi todo un éxito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará