Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa dos fachos reclamará a defensa do idioma

RR_Noticias

O monte da Peneda volverá converterse este sábado nun lugar de peregrinación para centos de persoas que como cada ano subirán en procesión á cima do monte na tradicional Festa dos Fachos que chega a súa XIV edición. Os organizadores esperan a participación de 1500 persoas

A romaría, que partirá ás 23:30 horas do pé do monte, estará amenizada por grupos de gaitas, pandeiretas e cantareiras e vivirá unha vez no cumio a exaltación do solsticio do verán coa fogueira e a queimada, elementos ambos os dous que servirán para quecer a todos os presentes. A iniciativa, organizada por Alén Nós en colaboración con outros colectivos de Vilaboa, Soutomaior e Redondela, ten ademais un marcado carácter reivindicativo como o demostra o discurso que en anos anteriores reclamou unha maior protección e recuperación do patrimonio histórico ou a promoción da batalla de Rande. Este ano, os organizadores botan man dun dos temas candentes da actualidade, o idioma galego. Así, igual que fixera Castelao no seu discurso o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires recuperando persoeiros relevantes da cultura galega para conformar unha particular Santa Compaña, na Peneda haberá tamén unha Santa Compaña integrada por nomes tan insignes como Ernestina Otero, Telmo Bernárdez ou Fernando Pereira entre outros quen pedirán ao Apóstolo neste Ano Santo que interceda para que o galego non se converta nun idioma marxinal. Unha festa que edición tras edición acada maior sona e que recibiu un importante apoio logo de que a Dirección Xeral de turismo a recoñecese como unha festa histórica. Os participantes concentraranse ás 22:30 horas ao pé do monte onde se poderán adquirir os fachos a un prezo de dous euros. A procesión comezará unha hora máis tarde.

Gonzalo Balo acto reivindicativo
este ano o discurso vaise centrar na necesidade de defender o idioma
Andrés Laxe festa histórica
O recoñecemento da Dirección Xeral de Turismo é un apoio máis á festa dos fachos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará