Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mocidade de Soutomaior revivirá a historia de Pedro Madruga cun xogo de rol

RR_Noticias

Un xogo de rol en vivo será a novidade da IV edición do programa “Encontro da mocidade” que organiza a Concellería de Xuventude os días 1 e 2 de xullo. Estímase que serán máis de 120 os mozos que participarán revivindo a loita entre os seguidores de Pedro Madruga e os seus inimigos.  

A temática da IV edición do Encontro da Mocidade deste ano será “Soutomaior, o comezo da historia”. A acción desenvólvese no ano 1485 cando Pedro Madruga se enfronta aos seus inimigos políticos encabezados polo Bispo Diego de Muros e as familias dos Valladares, Montenegro Aballe e Vide. Un xogo de estratexia no que poden participar mozos e mozas de entre 12 e 17 anos previa inscrición na OMIX da localidade antes do 29 de xuño. Un xeito divertido e diferente de achegarse á historia do seu municipio e no que se espera a participación de máis de 120 mozos. Tamén o xoves día 1 o multiusos de Arcade acollerá o festival Danzarte’10 que serve para clausurar as actividades desenvolvidas ao longo dos últimos meses na localidade. Haberá unha performance con maquillaxe corporal e haberá baile a cargo dos grupos de batuka e danza brasileira. Inaugurase ademais unha exposición de pintura cos traballos realizados polos participantes nos cursos de pintura que se poderá visitar ata mediados de mes. Por outra banda, está aberto o prazo para participar nun cursos de defensa persoal que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto. Máis información no teléfono 986 700 822

Sonia Pintos OMIX
A responsable da oficina da xuventude explica a dinámica do xogo de rol
Danzarte10
Un festival servirá para clausurar os cursos desenvolvidos durante o ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará