Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O salario do alcalde baixa nun 8 por cento

RR_Noticias

O pleno de Redondela aprobou hoxe a rebaixa salarial da corporación. A reducción aprobada por unanimidade na mañá de hoxe suporá unha rebaixa do 8% na retribución do alcalde e dun 7% nos salarios dos concelleiros liberados. O resto dos cargos elector da corporación sufrirán unha diminución en torno ao 4’5 por cento  

O alcalde de Redondela cobrará en torno a 4.500 euros menos mentres que o tenente de alcalde deixará de percibir uns tres mil euros logo de que o pleno do concello aprobase pro unanimidade unha rebaixa do 8% no salario do alcalde e dun 7% nas retribucións que reciben os concelleiros liberados. O resto dos políticos que forman parte da corporación verán tamén reducidas as contías económicas que perciben por desenvolver a súa labor política, aínda que o tanto porcentual será menor, en torno ao 4’5 %. Dende a alcadía, Xaime Rei puña o acento no feito de que a decisión dos políticos de asumir a rebaixa aconsellada pola Federación de Municipios e Provincias é voluntaria pero supón un exercicio de solidariedade e responsabilidade por parte dos cargos electos. O PP falábase de responsabilidade dos políticos á hora de votar a favor desta rebaixa, aínda que botaban en falta a adopción doutras medidas por parte do goberno local, nomeadamente a eliminación ou reducción no número de cargos de confianzas. Dende o PSOE contestaban ás críticas dos populares asegurando que Redondela “é o concello de máis de 20.000 habitantes con menos persoal de confianza e cargos de libre asignación de toda Galicia” e recriminaban a Canal que organismos onde goberna o PP son precisamente onde se disparan o número de persoas contratadas como persoal de confianza. O Bloque entende que non deben ser os traballadores quen asuman a responsabilidade de crise e criticaron duramente as medidas adoptadas polo goberno estatal. Pazos contestaba tamén a canal lembrándolle que o persoal de libre asignación existe porque desenvolven funcións necesarias e que precisamente son os populares os que ausan nas contratacións deste tipo de traballadores  Curiosamente o alcalde socialista, Xaime Rei, aproveitaba para criticar algunhas medidas do seu propio goberno no ámbito estatal, como a conxelación das pensión e para reclamar que se asuman decisión como a de gravar en maior medidas tanto as rendas máis altas como as grandes herdanzas Finalmente a reducción nos salarios foi aprobada por unanimidade.

Xaime Rei. PSOE
O alcadle defende a rebaixa como un acto volutario e solidario pro parte dos políticos
Paqui Canal. PP
Os populares votaron a favor da medida por responsabilidade
Carlos Pazos BNG
os nacionalistas tamén apoiaron a medida por solidariedade cos funcionarios
Cargos de confianza PP
Canal reclamaba a eliminación do persoal de libra asignación
Cargos de confianza BNG
O BNG acusa ao PP de non predicar co exemplo
Outras medidas PSOE
Rei critica a decisión do goberno de Zapatero de conxelar as pensións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará