Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mellorar os servizos para fomentar o comercio local

RR_Noticias

A dinamización do comercio das parroquias redondeláns así como a mellora do transporte foron algunhas das reivindicacións que a Asociación de Empresarios de Redondela presentou na xuntanza que mantiveron con representantes da Deputación de Pontevedra para debater sobre a situación do comercio local.

Malia que o presidente da Asociación de Empresarios sinala que a crise non tivo especial incidencia en Redondela e que o número de establecementos que pecharon as súas portas non foi moi notable recoñece que é preciso unha maior dinamización do sector, sobre todo nas parroquias limítrofes ao casco urbano de Redondela, como é o caso de Cesantes e Chapela. Dous núcleos de poboación importantes pero nos que o comercio non está tan consolidado como no centro da vila. O fomento do comercio a través da mellora dos servizos, este é segundo o responsable dos empresarios locais, José Ramón Gómez Pérez, o eixe fundamental para facer que a xente non recorra ás grandes superficies, un dos graves problemas cos que ten que loitar o comercio local. Para iso, Ramón Gómez, sinala que é fundamental ofrecer máis facilidades e servizos á xente para que escolla o comercio local para facer as súas compras, como é o caso da mellora do transporte entre as distintas parroquias redondelás, xa que nos últimos tempos a Asociación constatou un aumento do fluxo de veciños de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén que escollen Redondela para facer as súas compras e que poderían ser máis, segundo apunta, se tivesen mellores comunicacións e máis frecuentes a través do servizo de transporte público. Estas foron algunhas das reivindicacións que a Asociación de Empresarios de Redondela lle trasladou á deputada Francisca Canal, quen tamén destacou a falta de aparcamento na zona como un dos principais factores que inciden en que a xente escolla as grandes superficies e non os establecementos de Redondela para facer as súas compras. Tres mil euros para a mellora da páxina web da Asociación de Empresarios Durante a xuntanza a deputada Francisca Canal fíxolle entre ao Presidente da Asociación de Empresarios dunha achega de 3.000 euros, que se enmarca dentro do “Plan Directo de Comercio 2009-2010”, posto en marcha pola institución provincial. A subvención destinouse á mellora da páxina web da asociación, www.empresasredondela.com, dándolle unha imaxe máis dinámica e moderna, na que ademais de promocionar ás empresas e establecementos comerciais e hostaleiros tamén recolle información sobre o sector co obxectivo de mellorar o seu servizo e calidade cara ao cliente.

Presidente Asoc. Empresarios dinamización parroquias
José Antonio Gómez recoñecía a necesidade de dinamizar as parroquias que se atopan na contarna do casco urbano de Redondela como Cesantes e Chapela.
Competencia grandes supeficies
O Presidente da Asociación de Comerciantes sinala as grandes superfies como un dos grandes problemas do comercio local.
Mobilidade entre parroquias
Mellorar o transporte público entre as parroquias sería un elemento fundametal para aumentar o número de consumidores.
Francisca Canal falta de aparcamentos
A deputada sinala como un dos principais problemas do comercio local a falta de aparcadoiros o que fai segundo apunta que a xente escolla as grandes superficies para facer as súas compras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará