Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación retira o apoio económico aos cursos de alfabetización e formación de adultos

RR_Noticias

A Concellería de Servizos Sociais de Redondela alerta das dificultades económicas para manter unha actividade que anualmente atendía a 43 persoas carentes de formación e en situación de risco de exclusión pola falta de recursos persoais e formativos. A axuda da Xunta ascendía a 10.000 euros.

A Concellería de Servizos Sociais denuncia a decisión da Consellería de Eduación de retirar a subvención que lles permitía desenvolver programa de Formación e Alfabetización de adultos. Unhas actividades cuxo custe era asumido nun 80% polo Concello mentres que a Consellería aportaba o 20% restante, isto é 10.000 euros anuais.
A eliminación do apoio económico da Consellería supón un duro golpe para o departamento que dirixe Rosa Costas xa que segundo afirma van ter dificultades para seguir a desenvolver unha actividade que veñen realizando con existo dende o ano 1996 e para a cal hai unha gran demanda “pola ampla poboación de persoas en risco de exclusión e pola falta de recursos persoais e formativos para a súa integración social e laboral”
Do programa beneficiábanse anualmente ao redor de 43  persoas maiores de 45-50 anos sen formación, mulleres e homes inmigrantes, e mulleres sen cualificación e formación que abandonaron no seu día os estudos para facer fronte ás responsabilidades familiares.
Servizos Sociais remitiu en maior unha carta á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa amosando o total desacordo coa decisión da Consellería e poñéndose a súa disposición para atopar solucións, sen que ata o de agora teñan obtido resposta dende a Xunta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará