Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega ao Castelo de Soutomaior a exposición itinerante Xacobeo 2010

RR_Noticias

En total son trinta traballos pictóricos procedentes dos colectivos Artegrove e a Escola Utopía de Artes Plásticas de Porto nos que se fai un percorrido polos principais enclaves do camiño portugués a Santiago. A mostra pódese visitar no Castelo ata finais de mes

A exposición itinerante Xacobeo 2010 ofrécenos unha mostra colectiva de pintura galaico-portuguesa na que participan artistas galegos do colectivo Artegrove e portugueses da Escola Utopía de Artes Plásticas de Porto quen fan un percorrido visual polo principais enclaves do camiño portugués.
Cada colectivo aporta quince obras que xa puideron contemplarse en Porto, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez, Valença de Miño e Tui antes de recalar en Soutomaior como paso previo a súa estancia noutras localidades galegas ata chegar en decembro á Santiago.
Durante todo o mes de xuño pódese visitar esta mostra no Castelo, espacio que conta xa cunha exposición permanente que a través de sete grandes bloques temáticos permiten descubrir as orixes e construcción desta fortaleza medieval galega, a súa cronoloxía, o contexto xeral da Idade Media, o mundo social e económico da época e o castelo como centro do poder feudal do medievo galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará