Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación Positivas organiza cursos de inglés con profesorado nativo

RR_Noticias

O programa que este colectivo desenvolverá durnate o verán están orientadas e mozos e mozas de idades entre os 3 e os 16 anos e inclúen inglés, reforzo educativos e actividades divertidas. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 696 130 121

Aprender inglés durante o verán con profesores nativos. Esa é a proposta que nos deixa a asociación Positivas Casa das Mulleres que dende hai meses veñen traballando na organización de diferentes eventos e actividades centradas en gran maneira no sector feminino. Neste caso van un paso máis aló e propoñen unha alternativa na que combinan ocio e didáctica para os nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Propoñen que os rapaces aprendan inglés dun xeito ameno, combinando o estudo coa actividades divertidas. O prezo da actividade é de 20 euros mensuais, tanto para as clases de inglés como para as de reforzo educativo. Máis información no teléfono 696 130 121. A asociación Positivas naceu este ano co obxectivo de fomentar a participación das mulleres como axentes activos necesarios para favorecer un cambio social que fomente a igualdade. A asociación persegue ofertar recursos e servizos que favorezan polo tanto a integración da muller non só laboral senón tamén socialmente, con especial atención á realidade local. Entre as actividades concretas que se propoñen desenvolver nos vindeiros meses inclúen cursos de formación e recursos que apoien ás veciñas de Redondela

Manojad Dharmahewa e Sandra Alonso
O programa de Positivas inclúe activides didácticas e divertidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará